O venres 20 de xuño conmemorábase o Día Internacional da Distrofia Muscular Facioescapulohumeral (FSHD). Como “mostra de solidariedade e compromiso”, o Concello Vello do Barco iluminábase de laranxa a pasada noite, a petición da Asociación de enfermos en España.
“Esta cor, símbolo internacional da loita contra a FSHD, representa o desexo de visibilizar unha realidade que precisa ser escoitada, comprendida e atendida”, din dende o Concello do Barco.
Fotos: A.R.