Sacos de castañas, preparados para a ocasión tras secarse ao lume durante días, ían saíndo pouco do sequeiro en Purdeus-Chandrexa (Parada de Sil). Minutos despois eses sacos eran golpeados con forza e, á vez, por catro persoas, sobre un gran gran tallo ata conseguir que a primeira casca deste froito de outono se soltase.
Así comezaba a partir das 11h. deste 14 de novembro, un ano máis, a XIII Pisa da Castaña en Purdeus, cunha gran asistencia de persoas, pese á choiva intermitente, e coa animación musical dos Gaiteiros de Castrodeallo.


Unha vez realizada a pisa, viña a segunda parte deste labor: o abandoxado, para quitarlle a segunda pel á castaña. A continuación, os sacos íanse baleirando para dar paso ao abandoxado, outra fase na que se lle quitaba a segunda pel á castaña. Este froito, xa limpo, depositábase de seguido en cestos de madeira para que puidera ser degustado polos asistentes.



De forma paralela á pisa, poñíase en marcha nun souto próximo o Mercado Tradicional de Produtos e, arredor das 14.00 horas comezaba o tradicional Xantar Popular, cuxo menú estaba composto por cocido completo con androlla e castaña cocida, sobremesa, café e groliños. A comida está acompañada de viños mencía e godello da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, poñendo en valor a riqueza gastronómica e vitivinícola deste territorio. O prezo do menú era de 20 euros. Con reserva previa.
Fotos: O SIL.
Vídeo: Luis Baños.
