SanidadeÚltima hora

O CHUO consolídase como referente na formación en cirurxía robotizada de mama

A aplicación desta técnica en mastectomías con reconstrución mediante prótese mamaria nun acto único facilita a recuperación e limita as complicacións con menor dano estético

 

Desde a posta en marcha da cirurxía robótica no Hospital Universitario de Ourense, o Servizo de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo leva realizadas preto de medio centenar de mastectomías, con reconstrución e implante de prótese mamaria, de acto único, o que o convirten en referente nacional para a formación e acreditación de especialistas no emprego de Davinci neste tipo de intervencións.

O pasado ano 2024 realizáronse trece intervencións, todas elas coa asistencia de profesionais procedentes doutros hospitais da península. Hoxe mesmo, do especialista en oncoloxía mamaria Rogelio Andrés Luna Bureo, do Centro Clínico da Fundación Champalimaud de Lisboa, que desenvolve a sua actividade nas áreas das neurociencias e do cancro.

A unidade de cirurxía de mama da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras sitúase á vangarda na utilización da cirurxía robótica para cirurxía de mama, converténdose xunto co Hospital Germans Trias i Pujol, primeiro en realizala, nos centros con maior actividade cirúrxica neste procedemento a nivel nacional.

Maior precisión e menos complicacións

No procedemento participa habitualmente o equipo da Unidade de Mama do servizo de cirurxía do Hospital Universitario de Ourense, formado por Manuel García, a súa vez xefe de servizo, Purificación Fernández, Ernesta Valeiras, Carmen Fagilde e Marta Ardavín.

Para o doutor García, as vantaxes desta técnica son evidentes “permite realizar feridas máis pequenas, lesionar menos a pel e mellorar a estética, posto que a cicatriz limítase a unha mínima incisión na axila”. Ademais dí, “a utilización do robot supón menos complicacións postoperatorias, tendo a mesma seguridade oncolóxica que coa cirurxía convencional” é polo tanto, “un avance máis en calidade e seguridade”.

Coa cirurxía robótica a o procedemento laparoscópico realízase pola liña axilar mediante un ha pequena incisión de 4 centímetros, pola que se extirpa a totalidade da glándula mamaria, preservando a pel. O que facilita a reconstrución, diminuindo ademais os posibles hematomas ou linforragias, facilitando a recuperación postoperatoria, con cicatrices aínda menos visibles, e diminuíndo os posibles riscos cirúrxicos e a estancia hospitalaria.

 

 

 

Outra das grandes vantaxes da cirurxía robótica, respecto á cirurxía endoscópica, é a visión en 3D e alta definición que ofrece o robot, que sumado aos movementos en 360º das pinzas, permiten unha precisión e amplitude do cen por cento, facendo posible a coagulación de vasos e estruturas que moitas veces son case imperceptibles, e inaccesibles na cirurxía convencional.

O emprego da robotización é ante todo un criterio cirúrxico, especialmente indicado nos casos que requiren unha intervención máis traumática e extensa ante un cancro de mama, ou cando a extirpación es de carácter profiláctico ante o compoñente xenético do tumor. En ambos casos a cirurxía guiada con Davinci facilita a reconstrucción e implante ao preservar a pel e reducir as complicacións.

Cirurxía robótica en Ourense

Os sistemas robóticos son equipos de alta tecnoloxía médica, concibidos coa finalidade de mellorar a destreza e capacidade cirúrxica, chegando a espazos inaccesibles para a man humana. Permindo ao cirurxián realizar intervencións manipulacións que, sen este sistema, serían imposibles nalgúns casos, e proporcionando unha maior precisión e seguridade en intervencións cirúrxicas complexas.

A adquisición pola Xunta de Galicia, en xullo de 2021, de un Davinci para cada unha das sete Áreas Sanitarias, situados en cada un dos hospitais de referencia, supuxo un fito para no acceso a última tecnoloxía por parte dos hospitais públicos galegos dos que se benefician diversas especialidades: Cirurxía xeral e do Aparello Dixestivo, Uroloxía, Xinecoloxía e Obstetricia, e Otorrinolaringoloxía.

Desde a implantación deste equipo, no Hospital Universitario realizáronse máis de mil intervencións robotizadas. Tan só o pasado ano, 2024, completáronse 349 intervencións, das que 187 foron efectuadas polo servizo de cirurxía xeral, 81 polo servizo de de xinecoloxía, 78 por uroloxía, e 3 intervencións polo servizo de otorrinolaringoloxía.

 

Back to top button