Tras un tempo sen chover e varios días de calor intenso, por fin refrescaba o ambiente na Pobra de Trives. Pasadas das seis da tarde deste martes 1 de xullo unha espectacular treboada con aparato eléctrico, vento e unha intensa chuvia, descargaba sobre a capital da comarca trivesa, tal como pode apreciarse neste vídeo cedido por Teodoro Suárez.
Tal como el mesmo conta “falta facía e por fortuna, aquí sen sarabia”.


