O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazábase neste mediodía de 2 de xullo a Valdeorras un encontro na sede da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), no Barco de Valdeorras, co seu novo presidente, Carlos Manuel Terán Búa, ao que desexou unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.
“Deste xeito quero retomar o pulso da reunión previa que xa tivo AEVA comigo na delegación dos tema que están sobre a mesa e tamén sobre a colaboración con eles para procurar cunha cooperación da Xunta nun sector importantísimo como é o empresarial, que é xerador de riqueza, de postos de traballo, e neste caso a administración autonómica sempre está aí para pór os apoios e os medios necesarios para que desenvolvan o seu traballo coas maiores facilidades posibles”, dicía Manuel Pardo.
Deste xeito, na reunión, o delegado territorial trasladoulle, o compromiso da Xunta a prol da defensa dos intereses dos empresarios asociados que traballan polo desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras.
Pola súa banda, o presidente de AEVA. Carlos M. Terán, agradecía a visita e, como novo presidente da organización empresarial trasldáballe “as necesidades da comarca, aínda que cónstanos que el vén a miúdo, pero, pola parte empresarial, manifestarllo e tamén que estamos aquí e que o esperamos máis veces e que continuamos a diante”.
Sobre a mesa poñíanse cuestións como as necesidades en cuestións de infraestruturas de Valdeorras e este primeiro contacto, adiantaban, “queda aberto para futuras reunións nas que ir concretando cuestións”, comentaban.
“Comentabamos proxectos como o da OU-533 e tamén a necesidade de que a N-120 tivera as melloras oportunas para facilitar as comunicacións, o firme sería desexable que se mellorara”, engadía delegado da Xunta, “tamén nos interesaba tomar o pulso coa asociación, coñecernos persoalmente e que haxa comunicación directa para que me vaian chegando aquelas cuestións que sexan de competencia da administración autonómica ou nas que poida apoiar ou traballar para mellorar”.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: O SIL.