Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

II Andaina Solidaria contra o cancro na Veiga, o 10 de agosto

 

Xa están abertas as inscricións para a segunda edición da Andaina Solidaria contra o cancro da Veiga, que se celebrará o domingo 10 de agosto, a partir das 10h. dende a praza da Veiga. Esta iniciativa deportiva e solidaria está organizada polo Concello en colaboración con Rutas Xanzá.

A proba ofrece dúas alternativa: un percorrido longo de 11 km e un curto de 3 km. En ambos casos a actividade será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición en Foot On Mars do Barco, no Concello da Veiga
e na Librería Papelería Estanco Viana ou ben a través de internet en www.sportmaniac.com

 

Back to top button