A música volvía ao escenario do 9º SilFest Valdeorras a partir das 14h. deste sábado 5 de xullo da man da cantante galega Helena Egea. Compartía co público, á beira do Sil no Barco, os seus temas que ían dende un ritmo enérxico ata un máis íntimo.
Numerosas persoas seguían a actuación, mentres desfrutaban dun xantar en grupos de amigo e familia.
Despois será a quenda do grupo valdeorrés Pándega, de música tradicional.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.
