ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober expresa o seu pesar polo falecemento da avoa de Galicia, Lola, aos 111 anos

Foto cedida polo Concello de Sober.

 

Dende o Concello de Sober vén de manifestarse o seu pesar pola morte da avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos.

Lola González Díaz, coñecida como Lola da Pena de Gundivós, faleceu hoxe en Monforte, onde residiu os últimos anos tras pasar toda a súa vida en Sober. Lola tiña unha filla, unha neta e unha bisneta.

Lola da Pena cumprira 111 anos o pasado 23 de maio, o que a converteu na persoa máis lonxeva de Galicia e unha das cinco maiores de toda España.

O seu corpo vai ser velado no Tanatorio Raúl de Monforte e será enterrada mañá no cemiterio de Gundivós tras unha misa de funeral polo seu eterno descanso nesta Igrexa Parroquial ás 19:00 horas.

O Concello de Sober traslada o seu pesar por esta triste perda e acompaña á familia na súa dor.

Back to top button