Obxectivo cumplido. Logo de tres días de intensa competición e moito calor, na tarde deste domingo 6 de xullo remataba a II edición do Torneo Futsal Vila do Barco. Un campionato organizado por catro mozos do Barco que enchía o pavillón municipal de Calabagueiros de xogadores, público e fútbol sala, masculino pero tamén feminino e por priemeira vez tamén de base.

Dende o venres 4 de xullo ás 16:30 horas cos partidos benxamín e alevín; e ata este domingo día 6 preto das 20:30 horas (salvando cinco ou seis horas de madrugada), xogáronse sen descanso os diferentes partidos.

En total foron 18 equipos masculinos (máis os catro femininos do cuadragular desputado hoxe), dous máis que o ano pasado, distribuídos en seis grupos que se ían enfrontando entre si e eliminándose ata chegar á final disputada na tarde deste domingo.

O campión era o equipo Rubesol que vencía na tanda de penaltis tralo empete a, Carpe Diem, subcampión. O terceiro clasificado era Café Bar Hamburgo e o cuarto, Lavandería El Camino, campión o ano pasado. A entrega de premios corría a cargo das xogadoras de fútbol sala Candela Rey e Sonia Pazos, que se enfrotaron na final feminina.


Fotos: Carlos G. Hervella.