Uns len, outros fan fotografías, escoitan música ou coleccionan postais e outros tranfórmanse en sereas. E como unha auténtica serea, chamada Kitty, se sentiu durante tres días Nuria Reguera Arias, a profesora de baile responsable da Academia de Danza Bayadère, no Barco de Valdeorras.
Os mesmos que durou o V Encontro Nacional de Sereas e Tritóns celebrado do 4 ao 6 de xullo en ‘Aqua Natura Benidorm’, o parque acuático que reuníu a clubs deportivos e sereas profesionais de España e do ámbito internacional para dar a coñecer esta singular disciplina que combina actividade física, expresión artística e contacto co medio acuático.

Este evento, único na súa categoría a nivel nacional, busca tamén concienciar sobre a importancia de protexer os ecosistemas mariños, impulsando valores de sustentabilidade e respecto pola biodiversidade, acollendo exhibicións, talleres, actividades familiares e propostas lúdicas vinculadas ao universo do mermaiding.


A cita converteuse nun punto de encontro crave para a profesionalización desta disciplina, atraendo cada vez a máis participantes que a practican de forma profesional, artística e comprometida coa súa dimensión educativa e ambiental. En total eran 16 os participantes no certame Posidonia (planta acuática, endémica do Mediterráneo), sendo Nuria/ Kitty a única española, que conseguía facerse co segundo posto malia non ser profesional. “Isto é maxia. Levo vindo tres anos e vívese unha gran festa en comunidade. Este mundo é incrible. Empecei a ir a clases por unha amiga e xa non parei. Creo que xa non sei nadar normal. Só sei ser serea”, dicía Nuria antes de empezar, asegurando que ía a pasalo ben e facer que o público desfrutase e, non só lograba iso senón tamén o segundo premio.
A primeira proba era o baile de Manolo Escobar pasando á seguinte rolda, puntuada polo xurado e xa no tanque marino, en tres cristaleiras, que consistía en amosar o outfit, unha proba de amnea artística sendo a que máis tempo aguantou con 1 minuto, e dúas poses. E de aí pasaba á gran final como unha das cinco finalistas, coa proba do terceiro día na que votaba o público. 45 minutos bailando no tanque coa cola e monoleta que pesan 9 kg que acabaron con Nuria/Kitty agotada pero feliz.

Fotos e vídeos cedidos.