OurenseÚltima hora

A orquestra Função Públika actuará o 25 de xullo nas Festas da Ponte, en Ourense

Função Públika./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello de Ourense organiza as Festas da Ponte 2025, cunha ampla oferta de actividades para todos os públicos que se desenvolverán desde o xoves, 24, até o sábado, 26 de xullo.

Xoves, 24 de xullo:

  • Pregón a cargo de Frei Canedo, ás 22:45 horas, na Avenida de Santiago.
  • Verbena de Pop-Rock do século XX, co grupo galego de versións, América, de 23 a 02 horas, na Avenida de Santiago.
  • Sesión DJ con Gramola, de 23:30 a 03 horas, na rúa Vicente Risco.

Venres 25 de xullo

  • Procesión con saída ás 12 horas desde a Avenida das Caldas.
  • Orquestra Função Públika, con 2 sesións: a primeira de 22:45 a 23:45 horas e a segunda de 00:30 a 02:30 horas, na Avenida de Santiago.
  • Fogos artificiais ás 23:59 horas na Ponte Romana.

Sábado 26 de xullo

  • Gran verbena con Tango, de 23 a 02 horas na Avenida de Santiago.

Ademais haberá atraccións de feira durante toda a fin de semana, desde o xoves até o domingo.

Back to top button