A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A misa e bendición de coches na honra a San Cristóbal pechan en Fontei (A Rúa) o CarnaVrao 2025

 

Tras a exitosa cea popular do 4 de xullo que reunía a unhas 600 persoas na rúa Doutor Vila; e o desfile de comparsas que percorría a vila o sábado día 5; na tarde deste xoves 10 de xullo pechábase esta edición do CarnaVrao, inciativa promovida pola Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa, honrando ao patrón dos condutores na igrexa de Fontei.

Primeiro celebrábase unha eucaristía e de seguido o párroco, Daniel Pérez, saía ao adro para bendicir os vehículos que alí se atopaban, alguúns verdadeiras reliquias que chamaban a atención dos asistentes. O sacerdote pedía a intervención de San Cristóbal “non só para a bendición deste coches senón tamén dos condutores, para preservar a súa atención de todo despiste e perigo na conducción nas estradas. Líbraos de toda imprudencia propia e allea”, dixo, dando paso a unha pequena e singular procesión ata a Rúa Vella.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button