Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ábrense as inscricións para a Subida Vertical Sacauntos en Vilamartín, o 7 de setembro

Imaxe da primeira edición da proba./ Foto: Carlos G Hervella.

 

O Concello de Vilamartín de Valdeorras, en colaboración coa Delegación en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo (FGA), organizará a II Carreira Vertical O Sacauntos e Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical, que terá lugar o vindeiro día 7 de setembro de 2025.

A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da FGA. En adultos disputarase sobre a distancia 4.2 km cun desnivel positivo de 1.015 metros; para categoría sub 20 e inferiores disputarase sobre unha distancia de 2,1 km cun desnivel positivo de 500 metros, aberta a participación a categorías inferiores a partir de 14 anos cumpridos

“Os seus máis de mil positivos en 4 km porán á proba aos participantes, que tamén dispoñen de medio vertical. As rutas alternativas para baixar estarán sinalizadas e xa se dispón da ruta ara adestrar no que será o escenario do Campionato de Galicia da especialidade”, adianta a FGA.

Todas as probas sairán dende  A Ponte nova da Barca de Arnado e a meta da proba longa estará situada no Alto do Monzón, a 1325 metros de altitude:

As inscrións nesta competición xa están abertas e poderán realizarse ata o mércores 3 de setembro 2025 ás 23:59 h.

Os dorsais poderán recollerse no Pavillón Municipal “Luís Nogueira” en O Bañadoiro -Vilamartín-
– Sábado 6 de Setembro  de 17:00 h. a 19:00 h.
– Domingo 7 de Setembro de 8:30 h a 9:30 h.

 

Back to top button