Especialmente concorrida estaba nesta noite de 11 de xullo a praza do Concello de Barco. Este espazo convertíase en punto de partida da XVI Andaina Nocturna “Os Mouchos 2025”, coa participación dun cento de persoas de diferentes idades.
A saída dábase ás 23h. e, a partir de aí, os andaríns afrontaba un percorrido duns 10 km, con desnivel mínimo, non 0, “xa que pola contra non veriamos as luces da nosa localidade desde unha perspectiva bonita”, indicaba a organización. O avitullamento estará en Forcadela.
Esta andaina está organizada polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello do Barco e cóntase coa colaboración das agrupacións de Protección Civil do Barco e de Petín e coa Policía Local.
Fotos: A.R.