ConcellosParada de SilÚltima hora

A celebración máis tradicional da Romaría de San Bieito, en Parada de Sil

 

Os tempos cambian e os costumes e tradicións van dando paso a novas formas de celebrar os eventos e festas. Porén sempre hai excepcións.

É o caso dun grupo de amigos que, o domingo 13 de xullo, celebraban a Romaría de San Bieito á vella usanza. Participaban nos cultos no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e posteriormente dun xantar campestre, no entorno que bordea o mosteiro, unha “espectacular e grandiosa paraxe a carón do río Sil, no souto de Merilán, por debaixo do monte Varona”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button