O atleta Mateo Valcarce Fernández (Club Adas Cupa do Barco) segue colleitando medallas. Nesta fin de semana o marchador acudía ao Campionato de España Sub16, que se celebraba en Xixón, onde conseguía un destacado terceiro posto nos 5.000 marcha, que lle valía o bronce nacional. Ademais completaba a proba cun crono de 13:11.84, que representa unha MMP.

Neste Campionato de España tamén participaba a atleta valdeorresa Tania Peláez, quen tamén facía unha destacada actuación, con todo, por tan só 2 centésimas, non puido entrar na final dos 300 m.
Fotos cedidas.

