
Como unha das citas deportivas por excelencia do verán se presenta o Torneo de Tenis Festas da Rúa que este ano celebra a XXV edición nas pistas do Aguillón.
Organizado polo Concello da Rúa en colaboración co Club Tenis Rúa e coa Deputación de Ourense celebrarase coma sempre entre o 28 de xullo e o 3 de agosto para as categorías alevín, infantil, absoluto e veteranos +35 masculino; e alevín, infantil e absoluto feminino.
O prazo de inscricións estará aberto ata o 22 de xullo ás 13 horas e para poder participar “é necesario estar en posesión da licenza federativa de tenis”, adiantan dende a organización.
