CulturaCulturaEn portadaÚltima horaVídeos

Sentida homenaxe ao mallador “Pistolo” no broche da XVII Feira Medieval de Tremiñá (O Barco)

 

Era unha sorpresa que se desvalaba no último momento e que collía totalmente desprevenido ao seu protagonista. Cunha especial e sentida homenaxe concluía o XVII Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco). Xusto despois da tradicional malla, contra as nove da noite, a praza acollía un acto de recoñecemento a unha das persoas que ten estado sempre ligada a esta celebración: Antonio García Vedo “Pistolo”.

 

 

“Esta festa ten nome propio”, anunciaba o presentador, Jorge Vidal, antes de desvelar quen era o homenaxeado: Pistolo. Entre aplausos e moi sorprendido, este veciño de Tremiñá recibía de mans de Amparo e Saúl, membros da organización da festa, un cadro con imaxes antigas súas así como con sinaturas e outros recordos. Despois, o artesán da madeira, Christian Pombo, entregáballe un caxato feito especialmente para Pistolo, tamén de parte da organización. E, despois, a título persoal regaláballe unha peza de cestería en agradecemento “por terme aprendido a tecer”, dicía.

Pistolo é un dos alma máter da tradicional malla que pecha, cada edición, o Mercado Medieval de Tremiñá. De feito ata hai moi pouco sempre participaba, con especial ilusión, como mallador e encargábase de levar os mallos que se empregan nesta faena.

 

 

Así mesmo, acostuma abrir a súa adega e a convidar a ela durante a fin de semana do mercado a veciños e visitantes.

Pistolo recibía este recoñecemento acompañado pola súa familia, tamén moi implicada co Mercado Medieval dende os seus inicios.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

Back to top button