Un día. Unha carreira. Unha decisión. Cada vez queda menos para a Quiroga Bike Marathon que se celebrará o 6 de setembro, con 67 ou 45 quilómetros de pura adrenalina.
Un espectacular percorrido por boa parte do municipio de Quiroga, con 1.400 e 2.400 metros de desnivel positivo, que chamou a atención do incluencer de bicicleta de montaña Breogán Calviño que vén de publicar nas súas redes sociais un vídeo amosando a paraxes polas que discorrerá.