AletismoDeportesÚltima horaVídeos

A atleta Eva Arias será este ano a pregoeira das Festas do Cristo do Barco

A vilamartinesa Eva Arias nunha competición anterior./ Foto: A.R.

 

Levaban varios anos detrás dela e por unhas circunstancias ou outras non podía ser. “Nós queriamos que fose unha muller e este ano decidiuse a aceptar a nosa proposta”, aseguraba a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, na presentación do programa das Festas do Cristo na que avanzaba que a pregoeira deste ano será a atleta valdeorresa Eva Arias, “unha muller de bandeira e unha imprescindible durante moitos anos na Milla Urbana que se celebra o domingo das festas”.

Pizcueta asegura que lles fai moita ilusión porque “á parte de ser unha gran atleta, das moitas que por sorte temos non só no Barco senón en Valdeorras, saíu daquí e proxectouse”.

 

 

Vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button