DeportesÚltima hora

Novo “Reto solidario do Camiño” polo Día de Galicia de ciclistas valdeorreses

 

Coincidindo coa celebración do Día de Galicia, o 25 de xullo, un grupo de ciclistas e amigos valdeorreses apostaban por realizar un novo reto solidario, vinculándoo novamente ao “Camiño de Santiago”. Así Víctor, Cacaíto, Milin, Coleta, Cholas partían o venres ás 7h. dende a mouteira da praza do Concello do Barco dirección a Compostela, seguindo e enlazando rutas de diferentes Camiños a Santiago.

No último tramo do percorrido sumábase a eles Marcos. En total completaban un traxecto de 241 kms. Este é o segundo reto solidario ligado ao Camiño de Santiago deste grupo de ciclistas, tras o que facían o 17 de maio, daquela, seguindo o trazado do Camiño de Inverno.

Con estas iniciativas buscan apoiar á lingua, á literatura e á cultura galega, así como a Galicia; poñendo en valor, ao mesmo tempo, as rutas xacobeas ata Santiago.

Fotos cedidas.

 

Back to top button