Entre fábulas chegaba a súa fin o XIII Ciclo De Perto no Barco na tarde deste 29 de xullo. Facíao da man de Ítaca Teatro, que poñía en escena nos xardíns da Casa Grande de Viloira “Alma de grilo”. Sobre o escenario, María García que ía encadeando as diferentes historias, acompañada, á guitarra, por Vadim Yukhevich.
Os diferentes relatos tiñan como fío condutor do canto do grilo e as súas interpretacións populares, dende malos presaxios ata bos presaxios. Este espectáculo, con posta en escena e dirección de José Campanari, está baseado no libro “Alma de grilo (e outras fábulas para acompañar o café)” da propia María García.

Durante a presentación desta última función do XIII De Perto, a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, facía balance desta edición e agradecía as diferentes colaboracións que fixeron posible a súa programación, cunha mención especial para o papel do público. Ademais anunciaba que en agosto dará comezo outro ciclo, desta volta unicamente musical, o Terrasón.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.