
Unha cociña moi especial instalábase na tardiña do 30 de xullo na praza do Concello de Rubiá. Rodeados de potas e diversos ingredientes dous chefs moi especiais ían amosando as súas habilidades nos fogóns ao público e, ao mesmo tempo, cociñando unha función moi divertida, dinámica e chea de humor, maxia e mesmo algunha que outra sorpresa. E iso mantendo unha especial interacción cun público de todas as idades.
Tratábase do espectáculo “Saaabor!”, que se poñía en escena da man de Félix Rodríguez (membro de Odaiko, Píscore) e Fran Rei (de Falar sen Cancelas, Os Sete Magníficos). Trátase dunha proposta da compañía Cultaractiva con dirección de Avelino González.
Fotos e vídeo cedidos.
