DeportesTenisÚltima hora

Diego Blanco imponse a Carlos García na final absoluta do XXV Torneo de Tenis Festas da Rúa

 

Outro dos clásicos nas festas de verán da Rúa é o torneo de tenis federado que este ano celebraba as vodas de prata.

Organizado polo Concello da Rúa coa colaboración do Club Tenis Rúa e Turismo de Galicia o XXV torneo celebrouse nas postas do Aguillón entre o 28 de xullo e o 3 de agosto, proclamándose campión absoluto Diego Blanco que vencía na final a Carlos García por 6-4/6-3. “Mesma Final que a do ano pasado, pero con distinto resultado”, din dende o CT Rúa, explicando que se o ano pasado gañaba Carlos este ano a vitoria era de Diego “despois de xogar un magnífico partido este domingo”.

 

 

En alevín feminino a vitoria era para Uxía Gudiña que derrotaba na final a Claudia Basteiro por 6-3/6-1, explican dende a organización “moi satisfeitos do torneo xa que despois de varios anos disputouse unha categoría federada só de mozas”.

Na categoría infantil masculina, o campión era Pedro Merino tras vencer na final a Rafael Gudiña por 3-6/6-2/11-9 nun rifado partido. E xa na categoría de veteranos +35 Carlos García derrotaba na final a Julio López por 6-3/6-2.

Os premios eran entregados pola alcaldesa da Rúa, María G. Albert e polo concelleiro do equipo de Goberno, José Vicente Solarat. Desde a organización do torneo agradecen “a colaboración e interese do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles”.

Fotos: CT Rúa.

Back to top button