ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil pechaba xullo con preto de 5.000 visitas aos distintos recursos do concello, especialmente o mosteiro de Ribas de Sil

Esperando o bus lanzadeira./ Foto cedida.

 

“O mosteiro de Santa Cristina segue a ser o centro máis visitado de Parada de Sil e posiblemente de toda a Ribeira Sacra (xunto a Santo Estebo e Rocas)”. Así de rotundos se amosan dende o Concello que segue  apostando polo turismo sostible especialmente nun medio tan sensible como este, a pesares de que “a obrigatoriedade de usar o bus lanzadeira fai que diminúa o numero total de visitantes”.

Segundo afirma Fernando Souza o técnico de turismo do Concello, o mes de xullo pechou cunha cifra de preto de 5.000 vistas aos distintos recursos do concello e tamén afirma que “están tendo unha magnífica acollida as visitas guiadas dentro dun plan piloto que o Concello puxo en marcha este verán e que poden solicitarse na web do consorcio de turismo”. Tamén aumenta sensiblemente a acollida do bus lanzadeira malia orixinar algún pequeno cambio de plans a algún visitante. “De feito hai algún momento como o que amosa a fotografía na que parece unha romaría pola cantidade de xente que está a espera para entrar”.

Dende o Concello, o alcalde Aquilino Domínguez, confirma que “a aposta pola sustentabilidade turística e polo bus lanzadeira como unha parte moi importante deste proxecto, xunto coa suspensión de licencias para novos aloxamentos turísticos”.

 

Back to top button