Case 350 persoas participaban na noite do 7 de agosto na primeira edición da Noite de Estrelas, unha andaina nocturna solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro.
Esta cita deportiva, organizada pola área de deportes do Concello, creouse seguindo a estela da Night Trail e Night Run, pero esta vez soamente Andaina. O prezo da inscrición era de 5 € para os adultos e 3 € para os menores de 15 anos.
A recadación entregábase integramente á Asociación Española Contra o Cancro (1.487€), a través dun cheque simbólico que recollía a representante desta asociación en Quiroga, M. Carmen Aira.
E unha vez realizada a parte solidaria comezaba a saída dende a praza de España, para dirixirse pola rúa Real ata a praza Maior dende onde irán por Pacios de Mondelo, o camiño do Regueiral, a Ermida e San Vitoiro, para coller a pista do monte da Conchada recorrendo uns 7 km, nun recorrido de nivel fácil. A volta para Quiroga sería pola zona da Praza Maior.

Tratábase dun recorrido cunhas bonitas vistas nocturnas de Quiroga no que os participantes empregarían preto de dúas horas para volver ao punto de partida.
Fotos cedidas.
