SanidadeÚltima hora

Boa acollida do “Día da Cuestación” da AECC no Bolo

 

Cunha boa acollida desenvolvíase o 8 de agosto o “Día da Cuestación” da Asociación Española contra o Cancro (AECC) no Bolo. Colocábase unha mesa en horario de 10:30 a 13:30 horas fronte á oficina de ABANCA, con merchandising e huchas para a recadación.

O Día da Cuestación acostuma celebrarse en maio pero, pero dado que este venres era a feira grande desta vila decidían aprazalo e poñelo en agosto “para que haxa máis afluencia de xente”.

 

 

Dende a asociación agradecen a positiva resposta e dan as grazas “aos veciños, comerciantes e xente que se achegou a colaborar con doazóns e comprando merchandising”. Así mesmo adiantan que o vindeiro domingo “estaremos presentes na andaina solidaria que organizan a favor da AECC na Veiga”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button