
Continúa activo desde as 15.51 horas de onte venres, 9 de agosto, un incendio forestal no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que, segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta arredor de 700 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 8 técnicos, 22 axentes, 32 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 8 avións.
Activo Padrenda-Padrenda
Ademais mantense activo, desde as 22.03 horas de onte, o lume que afecta o concello de Padrenda, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.