Unha das propostas máis atraíntes desta edición das “Festas do Verán 2025” de Quiroga era a actuación da orquestra Panorama, que traía o seu espectáculo Epic Tour 2025.
Poñíase en marcha a partir das 23h. cun cheo total do aparcamento do CEIP Quiroga. Este espectáculo, que move a milleiros de persoas, prolongábase ata as tres da mañá nun ambiente animado e cheo de ritmo.
As festas de Quiroga continúan este luns, que é o derradeiro día e como remate, a partir das dez e media da noite dende a praza de España, tirada de fogos artificiais. E, xa como broche, a continuación actuará o grupo América.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.


11 de Agosto de 2025