Na pasada noite o lume asediaba varias localidades de municipios como A Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa, o que obrigaba a desaloxar aldeas, tal e como veñen de confirmar os veciños. Era o caso de aldeas como Casteligo (Chandrexa de Queixa) ou as trivesas de A Somoza, Penapetada, Pareisás ou Coba, onde, segundo as primeiras informacións, mesmo ardía unha casa. Algúns dos veciños xa regresaron.
Tamén se vía moi afectada polo lume A Anagaza.
En canto se teñan máis datos ampliarase información.
Fotos e vídeos cedidos.