ConcellosSan Xoán de RíoÚltima horaVídeos

Río, en alerta pola proximidade do lume ao municipio, suspende a III Festa da Tenreira

Imaxe do lume onte no municipio de Trives, veciño do de San Xoán de Río./ Cedida.

 

O Concello de San Xoán de Río vén de emitir esta mañá un comunicado para anunciar a suspensión da III Feira da Tenreira no municioio, así como as actividades ligadas a ela. “Debido a situación dos incendios forestais que están a afectar a diferentes puntos da nosa contorna, dende o Concello de San Xoán de Río vémonos na obriga de suspender a festa, o concerto de Lucía Pérez e o resto das actividades previstas para estes días”.

Ademais o seu alcalde, Xosé MIguel Pérez Blecua, amosa a súa preocupación pola proximidade do lume ao municipio, “de momento non cruzaron os dous focos que veñen de Trives en Navea e no Aciveiro, estamos esperando medios aéreos porque son zonas sen acceso a persoas”, tal e como sinalaba esta mañá ao Periódico O SIL.

Neste senso, dende o Concello, resáltase que a “a nosa prioridade agora é a seguridade de todas as persoas, así como o apoio e colaboración cos medios que están a traballar sen descanso na loita contra o lume. Sabemos que esta decisión entristece a moitos, pero tamén sabemos que é o momento de estar unidos e de centrarnos no máis importante: protexer á nosa xente e á nosa terra”.

E adianta que se informará das posibles novas datas ou alternativas, “cando a situación o permita”.

Back to top button