En portadaÚltima horaVídeos

Paradela de Arriba (Manzaneda), en vilo ante a proximidade das chamas do incendio de Parafita

 

Con moita preocupación estanse a vivir estes momentos na localidade de Paradela (Manzaneda), ante a proximidade das chamas do incendio que se declaraba onte en Parafita, no veciño concello de Chandrexa de Queixa.

 

 

O lume está aproximándose a parte superior desta aldea, se ben, ata alí desprazábanse diversos medios para tentar evitar que entre nela. Ademais do persoal de brigadas de incendios, as forzas e corpos de seguridade (como a Garda Civil e o Seprona), hai tamén voluntarios de Protección Civil, así como veciños e o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández. Todos moi pendentes da evolución das lapas.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Back to top button