Calma tensa en San Xoán de Río, municipio que está moi pendente de como evolucionan os lumes que afectan aos concellos veciños de Chandrexa de Queixa e Manzaneda e tamén da evolución da meteoroloxía.
De cara a prepararse ante a posible chegada do lume, esta tarde a Asociación RíoMola e o Concello facían un reparto informativo cunha serie de indicacións sobre como actuar nas diferentes aldeas, que se adxunta a continuación.
