CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Bolo recrea o seu pasado medieval coa III Feira Irmandiña

O seu programa, que se abría co pregón de Blanca Cotado, inclúe unha mostra de artesanía e un xanar popular, ademais de visitas guiadas e teatro

 

A contorna da fortaleza medieval do Bolo volve varios séculos atrás no tempo neste 14 de agosto a para celebrar a terceira edición da Festa Irmandiña deste municipio. Numerosas persoas pecorrían a mostra de produtos artesanais, que se situaba na praza, coa que se abría esta celebración.

Despois, arredor das 12h. tiña lugar o acto inaugural da mostra no que o alcalde, Miguel A. García, daba a benvida a veciños e visitantes, agradecía a participación e colaboración para levar adiante esta iniciativa e convidaba a desfrutar desta celebración.

 

 

Tamén interviñan no acto a deputada delegada especial para Valdeorras da Deputación de Ourense, María Carmen González, así como a pregoeira desta edición, Blanca Cotado Galán, natural de San Mamede (Viana), se ben a súa nai é dunha aldea bolesa, Fornelos do Bolo. E desa vinculación con este territorio e das súas lembranzas falaba no seu pregón.

 

 

 

 

Despois, arredor das 14h., tiña lugar un xantar a base de porco ao espeto no patio de armas do Castelo.

Xa pola tarde, ás 20:30h. poderá asistirse a un espectáculo de teatro no entorno do castelo a cargo de Furafollas Agrupación Teatral, que presentará a súa obra “Encontro cos irmandiños”. Trátase dunha nova mirada sobre os sucesos máis ocultos e descoñecidos da historia de Galicia, segundo avanza este grupo.

 

 

Ademais ao longo desta xornada están programadas varias visitas guiadas de balde ao castelo, a última delas ás 19:30h.

Unha das novidades desta edición da feira é o concurso de disfraces de época medieval, con categorías de adultos e infantil (en ambos casos tanto individual como en grupo).

Para o 17 de agosto está prevista, ademais, a I Festa do Neno Irmandiño, con xogos e actividades para a cativada no entorno do castelo.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button