O incendio segue imparable por Valdeorras, afectando xa de pleno ao Concello de Vilamartín de Valdeorras. Entraba pola caseta dos cazadores, na zona alta do municipio e en pouco rato chegaba a núcleos como San Miguel de Outeiro e xa á capital.
Así, na tarde deste sábado 16 de agosto as chamas chegaban moi preto das casas tal como pode verse nestas imaxes tomadas dende a N-120.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.