Especialmente complicada foi e segue sendo a situación provocada polo incendio en localidades como O Seixo, Celavente ou Barxa, no concello do Bolo.
O primeiro afectado era O Seixo, onde as chamas chegaban dende Carballal hai xa tres días deixando ao pobo arrasado polas lapas. Chegaba ata as mesmas casas que unicamente se salvaban grazas aos medios e a colaboración veciñal que estivo en vila toda a noite. E como vén pasando no incendio dende que se orixinaba o pasado martes, reactivánbase unha e outra vez.
Chegado ata aquí, comezaba o perigo para o seguinte núcleo de poboación, Barxa, ameazado por este frente e tamén polo que chegaba dende Portomourisco. A situación máis crítica chegaba na tarde deste sábado cando a proximidade das chamas obrigaba a desaloxar a aldea, así como a de San Martiño.
Ata o momento, as escasas novas que nos chegan indican que o lume xiraba con virulencia dirección Celavente achegándose tamén perigosamente ás casas, onde os veciños pedían axuda.


Fotos e vídeos cedidos.