OurenseÚltima horaVídeos

Sánchez: “Vanse desprazar máis efectivos do Exército de Terra ás zonas afectadas polos lumes”

O presidente do Goberno, acompañado do ministro do Interior e do presidente da Xunta, visitaba o CECOP de Ourense

 

Ata o Centro de Coordinación Operativo Contraincendios de Ourense trasladábase este mediodía de 17 de agosto o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para manter un encontro cos responsables dos dispositivos de emerxencias e de coordinación. de comunicación (cobertura aberta). Estaba acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; así como do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e dos conselleiros de Medio Rural e Presidencia, María José Gómez e Diego Calvo.

 

 

Tras expresar as súas condolencias polas persoas falecidas e vítimas dos incendios, así como a súa solidariedade e empatía cos afectados, Sánchez poñía en valor a profesionalidade e dedicación das persoas que forman parte do sistema de Protección Civil (Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, UME, as brigadas forestais…). “Ante crises como as que estamos vivindo na provincia de Ourense, temos que actuar de maneira unitaria, coordinada e cooperativa”. Tamén amosaba o “compromiso do Goberno de España de que dende o sistema de protección civil a nivel nacional imos dar todos os recursos necesarios para perimetrar e extinguir canto antes os incendios que están asolando á provincia”.

 

 

Comentaba Sánchez que neste domingo a UME deu “o OK a que haxa 500 efectivos máis do Exército de Terra que se vaian desprazar nos distintos incendios do territorio e imos ver exactamente cantos poden chegar resposta efectiva á solicitude da Xunta de que sexan 200 os efectivos militares que se poidan despregar nos incendios actuais”.

 

 

Por outra banda, o presidente do Goberno aseguraba que “quedan días complexos, a meteoroloxía por desgraza non nos está acompañando, e polo tanto, solicitaría aos cidadáns que estean moi atentos ao que nos digan as institucións, os profesionais, os técnicos, que teñan confianza neles e que sexan o máis precavidos posibles nestes momentos tan difíciles e nestas horas tan críticas, porque o que temos que facer á salvar e protexer vidas, e calquera cautela sempre é pouca”.

 

 

Por outra banda, reivindicaba e recoñecía a solidariedade, “non só do conxunto das Comunidades Autónomas, a través do mecanismo nacional de resposta, onde cada vez que se liberan recursos se poñen en manas da comunidades que están agora mesmo sufrindo particularmente incendios, como é o caso de Galicia, e tamén o mecanismo europeo de Protección Civil”.

Sánchez sinalaba ademais que o delegado do Goberno e as subdelegacións provincias, “en canto se extingan os lumes vanse poñer en marcha para evaluar e anticipar aqueles recursos que por parte do Goberno de España poranse en marcha dos cidadáns afectados para poder reconstruír e afrontar o labor de reconstrución”.

 

 

O presidente do Goberno dicía tamén que “non pode haber impunidade para as persoas que provocaron os incendios, teñen que render contas coa xustiza”. Tamén facía unha reflexión de fondo e plantexaba a necesidade de facer “un gran pacto de Estado para a emerxencia climática”.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button