Tamén no municipio lucense de Quiroga están a vivir unha situación moi crítica polo lume que desde o pasado venres afecta aos montes e núcleos de poboación.


Despois dunha noite moi mala, a situación complicábase aínda máis ao longo da tarde deste domingo 17 de agosto “debido a que as condicións climatolóxicas non axudaron e os efectivos que están chegando non son suficientes para facerlle fronte a un lume feroz que avanza sen control”, aseguran dende o Concello que prega á veciñanza deste e doutros concellos “que non ocupen as pistas forestais nin os accesos aos núcleos de poboación para non entorpecer as labores de extinción dos medios”.
Desde o Concello ofrecen a posibilidade de que “se algún veciño ou veciña quere abandonar os seus domicilios voluntariamente, as instalacións do albergue e pavillón municipal están a súa disposición”.

Fotos: Carlos G. Hervella.