ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

O paso do incendio polo municipio do Bolo

 

Por moitos pobos do concello do Bolo pasaba o incendio que atravesa de lado a lado a comarca de Valdeorras. Un dos primeiros, arrasado polas chamas do foco de Carballal, xusto ata as casas, era O Seixo. Tamén tocaba unha ladeira de Barxa, pendentes aínda da evolución do outro foco que entraba por Portomourismo.

 

 

De aí pasaba a Celavente, onde ardía algunha casa, logrando salvarse o pobo e barrios da zona alta como O Viduedo chegando o lume ata Navallos.

 

 

Pola zona alta, as chamas pasaban tamén por outros pobos como Lentellais ou o propio Bolo, deixando tras de si unha estela negra de desolación.

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button