CulturaCulturaMúsicaVídeos

A banda Mazu, co músico barquense Jorge Álvarez, lanza o seu novo videoclip ‘Luces, Cámara y Acción’

 

Primeiro foi Finjo que estoy bien, despois Whisky Cowboy e Estoy mejor e agora é o turno de Luces, Cámara y Acción.

A banda ponferradina Mazu, da que forma parte o músico barquense Jorge Álvarez, vén de lanzar o seu novo videoclip, dispoñible en plataformas como YouTube así como nas súas propias redes sociais.

Precisamente a través das redes explican que levan pasado unhas semanas duras a causa dos incendios. “O sucedido no Barco e no Bierzo tocounos moi de cerca e non foi nada doado”, din, explicando que o lanzamento levaba moito tempo preparado e “pospoñelo era inviable por temas de distribución”. Con todo, pensan que “a música sempre chega cando ten que chegar e que sempre pode ser unha vía de escape”.

 

Back to top button