Esta fin de semana regresaba a Galicia a competición federada de orientación, con tres probas na cidade de Pontevedra, unha do campionato Xunta de Galicia na modalidade de Trail-O (orientación de precisión), e dúas na modalidade Sprint, unha nocturna e outra diurna, coa participación de tres membros do club valdeorrés Our-O.
Na tarde do sábado 23 de agosto celebrábase o campionato Xunta de Galicia de Trail-O con dous representantes valdeorreses na categoría open-elite, compartindo Pablo Aller a 9ª posición e Martina Aller a 19ª. Pola noite, na zona da Illa das Esculturas celebrábse a primeira de probas Sprint con focos na cabeza, onde Brais Rodríguez conseguía a 2ª posición en M-14, Martina Aller a 4ª en F-16 e Pablo Aller a 5ª posición en M-55.
O domingo pola mañá, xa con máis luz e sen necesidade de frontais celebrábase a segunda das probas Sprint no casco antigo de Pontevedra, onde Brais conseguía o 3º posto en M-14, Martina repetía o 4º en F-16 e Pablo conseguía o 3º posto en M-55.

Fotos cedidas.