Dentro da selección española sénior que participará no Campionato do Mundo de Maratón de piragüismo, que se celebrará do 4 ao 7 de setembro en Györ (Hungría), estará o valdeorrés Adrián Prada Pérez, que compite co Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro.
Vén de ser convocado pola Real Federación Española de Piragüismo para competir na proba de maratón longo en K-1 sénior. Hai que lembrar que Adrián Prada lograba a terceira posición en K-1 sénior na distancia de 29.800 m no Campionato de España de Maratón de Verán o pasado mes de xullo, tras Iván Alonso (tamén convocado) e Adrián Martín. Este último, por unha lesión, non vai poder ocupar a segunda praza da modalidade no mundial, polo que lle corresponde agora ao valdeorrés ese posto.
Deste xeito, Adrián Prada ve cumprido un obxectivo que acariciaba dende hai tempo.

Vitoria en K-2 sénior xunto a seu irmán Raúl o Descenso do Miño de Tui
Ademais, neste mes de agosto Adrián Prada competía en K-2 sénior xunto ao seu irmán Raúl, tamén co Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, no LIV Descenso Internacionaldo Miño de Tui, onde se facía coa vitoria. Completaba o traxecto da proba, duns 14.000 m, nun tempo de 01:00:56.
Fotos: loispradaf.
