Animada mañá para honrar a Santa Maria na localidade de Meda (A Veiga), que neste 26 de agosto celebra o día grande das súas festas. Ás 11:00 h, a Charanga Nova de Trives percorría as rúas animando co seu pasarrúas e, ás 13:00 h, oficiábase a misa solemne na honra a Santa María, seguida da tradicional procesión e sesión vermú acompañada pola mesma charanga.
Xa pola tarde, a partir das 18:00 h. estaban previstas actividades para todos os públicos, entre elas o xa tradicional Campionato de Bolos e a Festa da Auga, dúas propostas espectaculares para reunir a veciñanza e visitantes. Ás 21:00 h dará comezo o baile de tarde a cargo do Grupo Lume, que poñerá ritmo a tarde-noite. Unha vez rematado o pase, realizarase a entrega de premios e o sorteo das rifas.
A xornada culminará a partir da 01:00 h cunha gran verbena a cargo do Grupo Lume, seguida do fin de festa da man da Discomóbil Opium (DJ Isra), ata que “o corpo aguante”.
Fotos cedidas.