ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A inscrición para o xantar da Festa das Pandillas do Cristo 2025 no Barco, estará aberto ata o 10 de setembro

 

Aproveitando a presentación do cartel e do programa de man das Festas do Cristo do Barco 2025, a concelleira de Cultura explicaba o procedemento para asistir ao xantar popular da Festas das Pandillas que se celebra durante as Festas do Cristo do Barco e que ten un custe de 10€ por persoa. Os menores de 3 anos acceden gratis e non é necesario inscribilos. O resto de menores si deberán figurar na inscrición e pagar polo acceso.

O evento é o próximo 13 de setembro ás 12 horas na praia fluvial do malecón barquense. Antes do xantar, haberá un concerto de libre acceso, a cargo de Unión Phenosa que repite tralo éxito do ano pasado e que actuará tamén ao rematar a pinchada.

 

 

As pandillas que se inscriban, a partir de cinco persoas deberán levar un elemento identificativo: un pano, camiseta, gorro ou calquera outro complemento que axude a identificar o grupo e indicar no cuestionario algo sobre o barrio o colexio que xerou a creación da pandilla así como o número de membros. O límite de inscritos é 350 persoas.

O prazo para inscribirse así como para facer modificacións (número de inscritos, presentación como pandilla, etcétera) remata o próximo 10 de setembro, cubrindo o formulario que aparece neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScJPo_8ttiTtZBCkIQhD9MpgV3g2tOEM1R9aktWf0MGdWvcyQ/viewform

 

Back to top button