DeportesPescaÚltima hora

O Club Spinning Valdeorras reivindica a pesca recreativa como “unha gran aliada do ecosistema e das especies”

O domingo realizaban unha quedada cos nenos en Vilamartín onde desfrutaron dunha gran xornada de pesca con espectaculares carpas

 

Dende o club de pesca deportiva Spinning Valdeorras quéixanse de que os pescadores deportivos teñen cada vez máis restricións. “Diminúen cupos, prohiben a pesca da lubina en augas exteriores e llevan un control das capturas, marcando as que vaiamos consumir e rexistrando as soltas nunha App”, explican, asegurando que a pesca recreativa “é unha gran aliada do ecosistema e das especies”.

Seguen apelando o Proxecto de Lei impulsado polo Goberno, incidindo en que “coidandoas e mimándoas para recuperar as súas poboacións, a pesca deportiva é unha gran aliada do ecosistema e as súas especies”, de feito un dos obxectivos do club é transmitir aos máis pequenos a afección por unha pesca responsable e respectuosa co entorno, garantindo un relevo xeracional de calidade.

Con esta idea manteñen as xornadas formativas e recreativas cos máis pequenos. A última tiña lugar na mañá deste domingo onde xuntaba a un grupo de nenos que desfrutaban da pesca con espectaculares capturas de carpas.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button