Tras escasos once minutos que tardaron en percorrer o tramo neutralizado, a travesía do centro do Barco de Valdeorras, dende a rúa Conde Fenosa ata a saída pola ponte de Rubiá, arredor das 13:41 horas deste mércores 10 de setembro, os ciclistas da Volta a España 25 accedían á N-120 para comezar o tramo oficial que os levaría ata a meta, xa en terras leonesas, no Alto do Morredero (Ponferrada). Aí vianse xa os primeiros escapados desta etapa 17 da ronda española.
Na saída, na Veiga de Cascallá, había numeroso público animando aos corredores e inmortalizando o histórico momento.
Fotos e vídeo cedidos.