DeportesPescaÚltima hora

Tres membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras clasifícanse na Rúa para o Nacional de Auga Doce

 

Na xornada do domingo 7 de setembro celebrábase no Encoro de San Martiño, na Rúa, en sesión de mañá e tarde, o Open Autonómico de Auga Doce 2025, coa clasificación de tres membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras para o Nacional.

“Dos catro clasificados, tres son da SPFV”, din dende Valdeorras, destacando o primeiro posto no Open para Alfredo José Martínez Perales cun total de 1.950. O segundo posto era Ignacio Luis Álvarez con 1.358 puntos, mentres que o outro clasificado valdeorrés, Raúl Álvarez Pérez lograba o cuarto posto con 1.494 puntos.

Fotos cedidas.

 

Back to top button