Asociación Cultural Abertal ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2025-2026 para Gaita galega, Percusión tradicional, Canto e pandeireta, Baile tradicional e Acordeón.

O prazo de inscrición remata o 1 de novembro e na tarde do venres 12 de setembro celebraban a xa habitual xornada de portas abertas en dúas quendas, unha de gaita e baile e outra de percusión e acordeón, para un primeiro contacto coa escola antes das clases que comezarán o venres 19 de setembro.

Dende a Asociación animan a todas aquelas persoas que aínda non forman parte da asociación a facerse socias. “Ser socio/a da Asociación Cultural Abertal é unha forma de apoiar e fortalecer o noso labor
de difusión e conservación da cultura galega”, din, agradecendo a colaboración, “fundamental para continuar co noso proxecto cultural”.
Fotos e vídeos cedidos.