DeportesGalerías de fotosPiraguismoÚltima horaVídeos

O LVII Descenso do Sil, dende Sobradelo ata a meta no Barco, en imaxes

 

Baixo a ponte de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) comezaban a darse ás seis desta tarde as saídas por categorías do LVII Descenso do Sil, unha proba que congregaba nesta edición a uns 230 padexeiros de diferentes clubs galegos, pero tamén doutros puntos de España.

 

 

A partir de aí dábase paso a unha competición duns 7 km de percorrido, seguido por multitude de persoas de todas as idades, que finalizaba na praia fluvial do Malecón do Barco, onde estaba instalada a meta da proba. Esta competición, que tiña como antesala un descenso popular, ten sido organizada polo Concello do Barco e pola Federación Galega de Piragüismo.

 

 

Non faltaba tampouco nesta edición o tradicional tren fluvial gratuíto que levaba aos viaxeiros ata Sobradelo para desfrutar da saída e logo voltar ata O Barco, nun traxecto animado pola charanga Brisas do Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella/A.R.

 

 

 

Back to top button