DeportesPiraguismoÚltima hora

Unha vitoria moi especial para os irmáns barquenses Adrián e Raúl Prada Pérez no LVII Descenso do Sil

 

Saín a pola vitoria, pero sabían da calidade dos seus rivais máis directos moi experimentados en ríos e con moitos triunfos nesta proba como son Jesús Rodríguez e Miguel Fernández (Club Fluvial Barco). Sen embargo, tras unha boa saída e dous momentos nos que lograban reforzar a súa vantaxe, os irmáns barquenses Adrián e Raúl Prada Pérez (do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro) facíanse cunha clara vantaxe sobre o resto de competidores coa vitoria en K-2 sénior no LVII Descenso do Sil.

Así, completaban os 7 km da regata nun tempo de 00:26:12, 65, fronte aos segundos clasificados Rodríguez León e Fernández Castañón (00:26:46,14).

Esta era ademais para eles unha vitoria moi especial por diversos motivos. Ganaban no río da súa localidade e no que, dende meniños, comezaban os seus adestramentos iniciais coa piragua. Ademais, era a primeira vez que competían xuntos e como sénior no Descenso do Sil, xa que nesta tempada Raúl estreábase na categoría. Para Adrián era a segunda vitoria nesta proba, pero a primeira co seu irmán que ata agora nunca competira no Sil.

 

 

Tras subirse ao podio e recibir a súa medalla, recibían multitude de felicitacións, entre elas as da súa familia, de xeito especial aos dos seus pais Lois e Herminia, e tamén aos do alcalde do Barco, Aurentino Alonso, que ademais foi docente seu na súa etapa no instituto nesta localidade.

Fotos: A.R.

Back to top button